PETÍN, UN PASEO POLA HISTORA
Petín revive a Guerra da Independencia cun roteiro teatralizado polas súas rúas
miércoles, 26 de febrero de 2025
O municipio de Petín converterase no escenario dunha viaxe no tempo co roteiro teatralizado "Petín, un paseo pola Historia", unha experiencia cultural que trasladará ao público á época da Guerra da Independencia en Valdeorras. A actividade terá lugar o sábado 15 de marzo ás 17:30 horas e permitirá descubrir, a través do teatro, os acontecementos e as historias vividas na comarca durante aquel período histórico. O paseo iniciarase na Ponte de A Cigarrosa.
O roteiro percorrerá as rúas do municipio con escenas dramatizadas que darán vida a personaxes clave e a episodios reais do conflito. A iniciativa, que interpretará a asociación cultural Platea Lúa, pretende achegar a historia local dun xeito didáctico e entretido, facendo partícipes aos asistentes da atmosfera e das vivencias da época.
Ademais, o evento incluirá unha degustación de viños das adegas de Petín asociadas a Ruta do Viño Valdeorras, ofrecendo unha combinación única de cultura, historia e viño. O aforo está limitado a 50 prazas e o prezo da entrada é de 5 euros. Para asistir, é necesario facer reserva previa. Neste intre temos as prazas cubertas pero se o desexas podes porte en contacto con nos no email info@rutadelvinovaldeorras.com por se tivesemos algunha cancelación.
Este roteiro teatralizado supón unha oportunidade excepcional para mergullarse no pasado de Valdeorras e coñecer, dun xeito diferente e dinámico, o impacto da Guerra da Independencia nesta terra!