I FORO CAMIÑO DE INVERNO POR VALDEORRAS

CAMIÑO, PAISAXE E VIÑO NAS TERRAS DO SIL

jueves, 15 de septiembre de 2022

O primeiro Foro do Camiño de Inverno por Valdeorras está pensado para dar a coñecer o entorno de Valdeorras e a súa paisaxe, e achegarnos a súa historia a través do mundo do viño e empregando o Camiño de Inverno como elemento vertebrador das actividades que se levarán a cabo.O foro estará dividido en dous Seminarios-Taller independentes, un no Barco e outro na Rúa, que se celebrarán dous sábados do mes de outubro de 2022. Este foro está dirixido a profesionais do mundo do viño, empresarios/as turísticas e entidades de promoción turística, así como aquelas persoas vinculadas ao territorio que traballen en turismo ou desenvolvemento rural, peregrinos/as e persoas interesadas en Valdeorras en xeral.

O foro contará nas sesións matutinas con relatorios a cargo de recoñecidos estudosos e profesionais da historia, a cultura ou o mundo do viño, que nos achegarán a un coñecemento máis preciso e formal dos temas propostos. Estes relatorios estarán complementados con charlas experienciais nas que poderemos coñecer máis a fondo e en primeira persoa diferentes iniciativas de éxito postas en marcha no entorno do Camiño de Inverno.

 As actividades serán complementadas con saídas de campo nas xornadas de tarde, destinadas ao coñecemento do Camiño de Inverno por Valdeorras en xeral, e ao goce da paisaxe, a historia e o viño de Valdeorras, máis en particular. Non faltarán tampouco, entre as actividades que se levarán a cabo, algunha camiñada sobre o terreo e polo menos unha experiencia de cata dos viños de Valdeorras.

Para máis información descarga aquí o teu programa:

Programa 

¡Non faltes a  tua cita co enoturismo e o Camiño de Inverno este mes de outubro en Valdeorras 🍇! 

Inscricións

Comparte esta noticia