FESTIVAL "ENTRE COVAS"

I Festival de artes e enoturismo de Valdeorras

lunes, 9 de junio de 2025

FESTIVAL “ENTRE COVAS”

Neste festival pretendéselles dar un novo uso as covas, mediante a celebración de tres propostas culturais, maridadas con viño e gastronomía que permita aos asistentes desfrutar dunha experiencia enogastronómica única. Estes espectáculos terán lugar en diferentes concellos da comarca, Larouco, a Rúa e O Barco.

Estes actos culturais serán: Un espectáculo de maxia, un concerto de musica tradicional oral galega, e a representación dunha peza de danza contemporánea que se celebrarán durante tres venres nos meses de xuño, xullo e agosto.

1.1 Alcance da proposta

O festival “ENTRE COVAS” materializarase a través da celebración de tres experiencias enogastronómicas nas covas. Trátase de encontros encamiñados a dar a coñecer o principal recurso patrimonial que ten a Asociación da Ruta do Viño Valdeorras como son as covas, dándolle un uso diferente ao que ten normalmente. Cada un destes encontros estará encamiñado a por en valor diferentes artes escénicas.

En cada un destes eventos estaríamos a falar dun aforo limitado a 50 persoas dada a reducida capacidade coa que contan estes espazos. O primeiro dos eventos terá lugar na Cova da Xabreira, no entorno das covas de Seadur o día 20 de xuño ás 20:00h. O segundo dos eventos levarase a cabo nas Pinguelas combinando tres covas de adegas asociadas. Recibiranse aos asistentes en Melillas cun viño e visita á cova, para posteriormente realizar o concerto en Joaquín Rebolledo e rematar diante de Alan coa degustación de viños e pinchos. Este evento terá lugar o 18 de xullo ás 20:00 h. O último dos eventos é na adega Blare no Concello do Barco o día 22 de agosto ás 20:00 h.

Os artistas escollidos para levar a cabo as cada unhas das propostas escollidas son os seguintes:

1.- Espectáculo de maxia 20 de xuño en Seadur ás 20:00 h. (Cova da Xabreira)

Joshua Kenneth

DEGUSTACIÓN DE IMPOSIBLES

Degustación de imposibles é unha obra apta para todos os públicos creada polo ilusionista guiri-galego Joshua Kenneth. Nesta selección de imposibles a realidade do público distorsiónase con impactantes elementos visuais e poéticos como as pompas de xabón, os panos de seda ou as sombras chinesas. 70 minutos de asombro, humor e misterio mesturado cun pouco de historia do ilusionismo. Unha experiencia interactiva, divertida e artística que convida ao público a entrar nun mundo onde todo pode ser transformado e onde nada é imposible. Este formato de Joshua Kenneth é maxia de preto, perfectamente adaptable a pequenos espazos, estamos falando dun show personalizado no que Joshua crea momentos de maxia no que a Ruta do Viño e as Covas poden ser protagonistas, empregando unha imaxe, o propio nome ou o que consideremos que teña interés.

2.- Concerto de música tradicional oral galega 18 de xullo na A Rúa ás 20:00 h. (Covas de Adega Melillas, Joaquín Rebolledo e Alan de Val)

Carmela

MÚSICA | Tradicional

 Carmela é un proxecto musical que basea o seu repertorio na música de tradición oral galega, a través do canto e a percusión de man como elementos definitorios. Iniciando o traballo dende informantes e arquivos musicais, o obxectivo do proxecto é trasladar aos palcos a esencia destas melodías acompañadas dunha visión propia e actual, empregando non só criterios estéticos, senón outros vinculados coa análise musical e de contexto da música coa que se traballa, un achegamento que suma a investigación etnomusicolóxica coa interpretación e arranxo musical. Carmela utiliza a tradición como un ente flexible e moldeable que se adapta ao contexto musical actual a través de sons que viaxan dende as percusións ata referencias electrónicas. Un proxecto diferente no seu discurso tanto musical como extramusical que posiciona a tradición oral e a perspectiva de xénero no centro.

Carmela é a visión musical da tradición oral de Carme López, proxecto que nace no 2022 subíndose aos palcos con diferentes propostas escénicas, e editando en novembro de 2024 o seu primeiro álbum: Vinde todas (editado coa discográfica Microscopi). A presentación deste disco conformarase cun directo en formato trío.

 3.- Representación dunha peza de danza contemporánea 22 de agosto en Vilanova ás 20:00 h. ( Cova de Bodegas Blare)

Fran Sieira

UN BAILE CEIBE

DANZA

Despois do éxito de DeMente, Fran Sieira Compañía de Danza presenta CEIBE, unha peza contemporánea reflexo do baile e a música tradicional que investiga a relación entre o xénero e a nosa tradición. Ceibe afonda en como o xénero está presente en diferentes ámbitos, incluíndo unha manifestación cultural tan importante como o baile tradicional.

Ceibe trata de entender que é o xénero para nós como individuos, como colectivo e tamén como sociedade. Reflexiona sobre as categorías de xénero e os seus estereotipos impostos socialmente para establecer distancia coa normatividade e arrastrala cara as marxes para, desde aí, construir novas formas de entender o corpo e o movemento.

 En cada un destes eventos, ademais do espectáculo os asistentes podrán desfrutar de tres viños das  seis referencias que habrá dos viños das adegas asociadas a Ruta do Viño, e de petiscos fríos servidos por Cova da Xabreira, Paladium e Pazo do Castro que están incluidos no prezo da entrada. O custe da entrada por espectáculo son 25 €. Aquelas persoas que desexen acudir aos tres espectaculos podrán adquirir un bono que ten un costo de 60 €.

As entradas podrán adquirirse a través de Ton y Son ou do seguinte FORMULARIO

Ademais aqueles asistententes que acudan ao festival de fora da comarca podrán desfrutar de condicións especiales nos aloxamentos Rectoral de Seadur, Pacio do Sil e Pazo do Castro. 

 

Comparte esta noticia