Crea a túa ruta
Eventos do mes
L
M
M
X
V
S
D
 1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31   
Hoxe é 28 de Xullo do 2014

O proxecto

Iniciativa comunitaria: Cooperación Transfronteiriza España-Portugal

Programa Cooperación Transfronteiriza ESPAÑA - PORTUGALO proxecto “Rutas do Viño da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal” está cofinanciado polo Feder a través do Programa Operativo de Cooperación Transfronteriza España-Portugal. O obxectivo do proxecto é crear, capacitar e promocionar as “Rutas do Viño da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal” como instrumento público-privado de cooperación para mellorar a competitividade da industria vitivinícola e o desenvolvemento do enoturismo, así como valorizar a identidade cultural da Eurorrexión.

Rutas do Viño Galicia Norte de PortugalUnha ruta do viño é "un produto turístico organizado en torno ao eixo temático do viño e localizado nun territorio concreto identificado cunha denominación de orixe vitivinícola. As rutas inclúen recursos de interese enolóxico, cultural e paisaxístico, entre os que se poderán atopar, ademais de adegas, outros establecementos que presten servizos de restauración, hospedaxe, educativos e de ocio e lecer que, cumprindo os requisitos pertinentes, estean adheridos a dita ruta". 

A área xeográfica de intervención é a correspondente cos concellos que estean incluídos nas cinco denominacións de orixe de Galicia (Rías Baixas, Ribeiro, Ribeira Sacra, Monterrei e Valdeorras) máis os da D.O. Vinhos Verdes, no norte de Portugal, participando así territorios vitivinícolas que teñen constituído recentemente o seu ente xestor (Rías Baixas, Ribeiro, Vinhos Verdes), con distinto grado de consolidación, con outros que aspiran a telo no período de execución do proxecto.

Co proxecto espérase mellorar a competitividade do viño como recurso estratéxico da economía de Galicia e o Norte de Portugal; mellorar a cooperación público-privada; a internacionalización das Pemes; incrementar o número de enoturistas e contribuír á diversificación do medio rural.