L | M | M | X | V | S | D |
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
Os viñedos e as formas tradicionais de plantación, as travesas, as covas, variedades, os gardaviñas, a cultura do viño, tradicións, ditos, as formas de traballar a viña, os apeiros que se axeitan a cada tipo de solo, etc. Todo isto conforma a "Paisaxe e Patrimonio Vitícola de Valdeorras" que o fai singular, a vez que nos achega as outras zonas de viño.
Desde tempos inmemoriais transmitiuse coñecemento do territorio e saber facer, adaptándose e perfeccionándose ata hoxe. O sector do viño chega á actualidade especialmente sensibilizado coa preservación deste patrimonio común que son os espazos nos que está inserido, polo importante valor que teñen en sí mesmos, tamén por que reflicten a calidade dos seus viños mais o potencial que lles queda por descubrir.
Expresamos a nosa gratitude aos que traballaron e mimaron estas terras permitíndonos gozalas, nos comprometemos na mesma tarefa e convidamos a todos os amantes do viño, da natureza e da vida, a todos, a que coiden e transmitan este tesouro porque só nos é prestado.