Petín conmemora a Constitución de Cadiz de 1812 cunha feira de época no seu casco vello. Durante toda a fin de semana desde o vernes 27 ao domingo 29. Adegas da Ruta do Viño de Valdeorras deste concello estarán presentes e darán a coñecer os seus viños.

Próximo a Petín temos Portomourisco onde podemos gozar da súa bela ponte e a súa coidada contorna. Avanzando pola mesma vella estrada que nos levou a esta aldea, a escasos 2 km, nos recibe unha bela paisaxe de viñedos que nestas datas están a agromar.