As excelencias dunha zona marcada pola produción gran prestixio, xa poden coñecerse a través da rede grazas a un proxecto de gran transcendencia no que, accedendo a www.rutadoviñovaldeorras.com o usuario disporá de completa información para visitar o berce vitivinícola de Valdeorras.
Desde unha perspectiva turística, na que a cultura do viño se alza como protagonista, esta web permite á bela zona de Valdeorras, e localidades próximas, explotar un sector en auxe, o enolóxico, que aproveita o contacto coa natureza, a historia e a tradición á vez que se enxalza a calidade dun caldo, o de Valdeorras.
Este proxecto, cofinanciado polo Feder, responde a un Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España – Portugal no que se inclúen as cinco denominacións de orixe galegas (Rías Baixas, Ribeiro, Ribeira Sacra, Monterrei e Valdeorras) xunto coa D.O. Vinhos Verdes das veciñas terras lusas. O obxectivo deste ambicioso proxecto se centra en promocionar e mellorar a competitividade da industria vitivinícola así como o desenrolo do enoturismo.
Neste portal web atopará un completo listado de actividades e lugares que non poderá deixar de visitar, dispoñendo de datos precisos de socios e establecementos adheridos para proporcionarlle todas as facilidades á hora de programar a súa viaxe.