Crea a tú ruta
Eventos do mes
L
M
M
X
V
S
D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31    
Hoxe é 24 de Xullo do 2019
Actividades destacadas
Ruta do Viño Valdeorras > Novas > VIII Xornadas de Por....

VIII Xornadas de Portas Abertas en Valdeorras

Durante os días 14, 15 e 16 de xuño de 2019 poderás realizar visitas gratuítas, e guiadas polos propios bodegueiros, a calquera das adegas que participan nesta promoción. Durante a visita coñecerás todos os seus segredos e te explicarán, paso a paso, o proceso de produción do vino, desde a viña ata a adega. Ao rematar,  poderás degustar algúns dos seus mellores viños acompañados dun suculento petisco.

Para os que queredes realizar a visita sen ter que coller o coche poñemos a vosa disposición o viñobus, para que é  aconsellable realizar reserva previa.

Tamén temos, para todos os participantes nas Xornadas,  un Concurso de Fotografía en Instagram: só é preciso subir a unha foto de calquera das actividades incluídas na programación das VIII Xornadas, co hastag #rutavaldeorrascautiva e etiquetando  a @ruta_vino_valdeorras. Participarás no sorteo dunha noite,  con almorzo incluído,  nun aloxamento adherido á Ruta do Viño de Valdeorras e unha visita a unha adega con cata de viño e petisco.

BUS DO VIÑO

Con estes autobuses que poñemos a vosa disposición poderedes visitar: Bodega Roandi, Adega O Casal, Adega O Cepado, Adega Quinta da Peza, Bodegas Joaquín Rebolledo, Bodegas Godeval, Bodega A Coroa y Adega Alan de Val

FOLLETO VIII XORNADAS-3_OFERTAS_opt.jpg

 

 

OFERTAS ESPECIALES

Durante a fin de semana  o  Resturante do Hotel Monumento Pazo do Castro oferta, para os  participantes nas Xornadas de  Portas Abertas, un menú especial creado para a ocasión que irá maridado, como non podía ser menos, con viños da Denominación de Orixe Valdeorras. 

Para os que queirades  gozar dun longo e agradable fin de semana compartindo con nos as actividades programadas,  poderedes  aproveitar as  ofertas de aloxamento no Hotel Monumento Pazo do Castro, Hotel A Calzada e Pensión Aurum

ACTIVIDADES

Acto de inauguración das  Xornadas na que se levará a cabo o nomeamento do Embaixador do Roteiro do viño e tras a cal un catador falará sobre os diferentes tipos de viño das adegas participantes, concerto gratuíto de música en directo onde se interpretarán bandas sonoras de películas, visitas a  covas, roteiro de sendeirismo, concerto de Jazz e un concurso de fotografía en  Instragram son as actividades que poderás gozar durante a VII  Xornada de Puertas Abertas do roteiro do viño de Valdeorras

INTERIOR_IZDA_opt.jpg

 02-05-2019
Compartir en