Crea a tú ruta
Eventos do mes
L
M
M
X
V
S
D
 1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31   
Hoxe é 19 de Outubro do 2019
Actividades destacadas
Ruta do Viño Valdeorras > Novas > A asociación Ruta d....

A asociación Ruta do Viño de Valdeorras viaxa a FITUR

A asociación Ruta do Viño de Valdeorras trasládase ata Madrid para participar no primeiro encontro de profesionais de turismo que se celebra en 2019, no marco da celebración da Feira Internacional de Turismo, FITUR, que este ano cumpre a súa 39ª edición.

Joaquín Sánchez, presidente da asociación valdeorresa, xa se atopa na capital para asistir ás xornadas Paseando entre Viñedos: Enoturismo En Galicia, organizadas pola Consellería de Cultura e Turismo e dirixidas a profesionais do mundo do viño, que terá lugar mañá mércores día 23 de xaneiro na caseta de Galicia en Fitur 2019.

A Ruta do Viño de Valdeorras preséntase en FITUR, xunto coas demais Rutas do Viño de Galicia, ao amparo da Axencia Galega de Turismo e o Clúster de Turismo de Galicia, quen compartirá caseta no recinto feiral. Para promocionar a Ruta entre os visitantes, elaborouse un folleto ilustrado con fotos, no que tamén se insere un mapa situando a comarca e a relación de establecementos e institucións integrados na Asociación Ruta do Viño de Valdeorras. Desde a asociación faise un chamamento ás empresas relacionadas co enoturismo, a que se adhiran á Ruta.

Fonte: Diario dixital Somos Comarca

 

 22-01-2019
Compartir en