Crea a tú ruta
Eventos do mes
L
M
M
X
V
S
D
   1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31
Hoxe é 24 de Agosto do 2019
Actividades destacadas
Ruta do Viño Valdeorras > Novas > O viño de Valdeorra....

O viño de Valdeorras ‘colle ruta’ cara a FITUR

Con motivo da celebración da Feira Internacional de Turismo, FITUR, que este ano cumpre a súa 39 edición, a Asociación Ruta do Viño de Valdeorras trasládase ata Madrid para participar no primeiro encontro de profesionais do turismo que se celebra este 2019.

Joaquín Sánchez, presidente da Asociación Ruta do Viño de Valdeorras, xa se atopa na capital para asistir ás Xornadas dirixidas a Profesionais que organiza a Consellería de Cultura e Turismo e que, baixo o título “Paseando entre Viñedos: Enoturismo En Galicia”, terá lugar o día 23 de xaneiro na Caseta de Galicia en Fitur 2019.

A Ruta do viño de Valdeorras preséntase en FITUR, xunto coas demais Rutas do Viño de Galicia, ao amparo da Axencia Galega de Turismo e o Clúster de Turismo de Galicia, quen compartirá caseta no recinto feiral.

Para promocionar a Ruta entre os visitantes elaborouse un folleto ilustrado con fotos, no que tamén se insere un mapa situando a comarca e a relación de establecementos e institucións integrados na Asociación Ruta do Viño de Valdeorras.

Desde a Asociación faise un chamamento ás empresas relacionadas co enoturismo para que se adhiran á Ruta

Fonte: Xornal dixital Creando a tu provincia

 22-01-2019
Compartir en