Crea a tú ruta
Eventos do mes
L
M
M
X
V
S
D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31    
Hoxe é 21 de Outubro do 2018
Ruta do Viño Valdeorras > Novas > As rutas do viño de....

As rutas do viño de Galicia convídannos a desfrutar do enoturismo en Galicia con alma, corazón e viño

RRSS-enoturismo-graficas-copy-07_web.jpg

"Aquí o viño bébese e vívese". Seguindo esta máxima e co obxectivo de destacar un enoturismo máis experiencial, esta mañá presentábase no Hostal dous Reis Catálicos a campaña "Alma, Corazón e Viño" de Enoturismo Galicia, márcaa paraugas baixo a que se agrupa a oferta enoturística das cinco rutas do viño de Galicia.

A campaña nace da pregunta de que é o que diferencia ao enoturismo en Galicia do que se pode gozar noutras partes de España ou do mundo. As paisaxes do viño, os detalles en cada elemento, desde a elaboración á botella, a procura da calidade e o delicado equilibrio entre a tradición e a innovación, sen esquecer todo o patrimonio tanxible e inntangible que rodea a cultura do viño nun territorio que agrupa cinco denominacións de orixe vitivinícolas son algúns dos elementos nos que pivota esta campaña, que permitirá comezar a incrementar a visibilidade da marca Enoturismo Galicia, creada fai tres anos dentro do concurso de ideas para asociados do Clúster Turismo de Galicia.

Marca xeradora de sinerxias
Impulsada polas cinco rutas do viño en colaboración co Clúster Turismo de Galicia e con Turismo de Galicia, Enoturismo Galicia é unha marca paraugas baixo a que se agrupa a oferta enoturística das cinco rutas do viño galegas: Rías Baixas, Ribeiro, Valdeorras, Ribeira Sacra e Monterrei. O obxectivo da iniciativa, que foi presentada na edición pasada de Fitur, é adoptar unha estratexia común por parte das Rutas do Viño que permitan dar a coñecer o patrimonio vitivinícola do territorio de forma conxunta, promocionando o enoturismo e a enogastronomía, especialmente de fronte ao exterior, así como xerar sinerxias entre as cinco rutas.

Este foi, de feito, un dos aspectos que destacou o secretario do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, que fixo fincapé na necesidade de establecer máis puntos de contacto entre dous sectores tan puxantes como o turismo e o viño. "O  enoturismo xera cada vez máis interese entre os viaxeiros, que buscan non só gozar dun aloxamento, un viño ou unha paisaxe, se non coñecer de onde xorde ese viño, como se elabora e onde, vivir unha experiencia máis completa", explicou  Pardal, que destacou o interese que ten este segmento para o sector turístico galego, pola súa gran capacidade de desestacionalización e de atracción dun turismo de calidade. 

 18-09-2018
Compartir en