Crea a tú ruta
Eventos do mes
L
M
M
X
V
S
D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31    
Hoxe é 21 de Outubro do 2018
Ruta do Viño Valdeorras > Novas > Taller de Experienci....

Taller de Experiencias enoturísticas memorables na visita á adega organizado pola Ruta do viño de Valdeorras e o Clúster de Turismo de Galicia

sunset-2424806_1920_2.jpg

Unha vintena de accións compoñen o novo Plan de Formación Turística que desenvolverá o Clúster ata fin de ano en colaboración coas 5 Rutas do Viño de Galicia

Un total de 10 localidades galegas das catro provincias acollerán estas accións formativas que o Clúster Turismo de Galicia ofrece @gratuitamente.

Experiencias enoturísticas memorables na visita a adega é o nome do taller que se desenvolverá no Barco o próximo 25 de outubro nas aulas de formación de AEVA, en horario de 9:30 a 14:30 e 16:00 a 19:00 horas e as prazas son limitadas.

David Moura, consultor experto en enoturismo, será o encargado de impartir este taller no que se abordará a temática da creación de experiencias enoturísticas que perduren no recordo dos visitantes a unha adega.

Estas accións están dirixidas a asociaciados das 5 rutas e a profesinais do sector.

Para apuntarse hai que acceder a través da ligazón da páxina web do Clúster de Turismo de Galicia

https:// bit. ly/2 NbzRj7

 14-09-2018
Compartir en