Crea a túa ruta
Eventos do mes
Marzo << Abril - 2014 >> Maio
L
M
M
X
V
S
D
 1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30    
Hoxe é 21 de Abril do 2014

As Covas - Comarca de Valdeorras

As adegas soterradas onde tradicionalmente se elaboraba e conservaba o viño en casi toda a bisbarra, denomínanselle "Covas". Hai auténticos barrios delas, como aldeas de conto delatadas polas curiosas chemineas chamadas refugallo que serven para regular a humidade. Soen atoparse agrupadas no alto das aldeas ou onde as ladeiras se fan máis pendentes.

As adegas son un espazo de convivencia e hospitalidade, de conversa mentras se proba o viño. No fin da xornada ó recollerse á noite, sempre haberá algunha cova na que te han enredar para "botar un vaso" e que fan divertida e entrañable a volta a casa.

No concello de A Rúa temos boas covas no casco vello “Rúa Vella”, barrios de Vilela e de Fontei, e Somoza, destacan as do barrio de A Coroa onde atopamos varias das covas mellor conservadas e visitables por pertencer a adegas asociadas a Ruta do Viño de Valdeorras.

En Vilamartín: na cabeceira do concello, en Arcos, Valencia do Sil, San Miguel de Outeiro...
En Larouco
: en Seadur, o barrio de adegas acondicionouse armónicamente, valorizando un espazo que sinala o camiño da recuperación destes entornos.
A Rúa: A Coroa, Fontei, Somoza...
O Barco de Valdeorras: en O Castro temos outro barrio moi coidado.
En Petín: Carballal.

Varias festas nestes espazos, amosan a tradición vinícola de Valdeorras, a súa hospitalidade e bo humor. Son unha excelente ocasión de visitar os barrios de Covas e mesmo entrar nelas.
Por prezos accesibles ofrécense viños artesanais, complementos gastronómicos, doces... nas covas abertas ao público.

 
Compartir en