A histórica riqueza de Valdeorras amósase na súa arquitectura tradicional, na forma das grandes casas e pazos. A pouco que nos adentremos nas aldeas que adornan o percorrido que fai O Camiño de Santiago de Inverno, poderemos admiralas co mínimo deteñemento que merecen.
O concello de Vilamartín destaca nestas construcións pero O Barco en Viloira ou a Vila do Castro teñen tamén unha boa representación. En A Rúa as atopamos nos barrios da Rúa Vella e Fontei.