O Casco antigo de Petín é unha pequena zona de coidada e harmónica construción tradicional, vivendas baixas a base de pedra e madeira. Numerosas plantas engalanan balconadas e portalóns. Na praza do Doutor Quiroga aprécianse casas de boa factura e concentra a vida desta alegre vila cun animado ambiente nocturno da fin de semana.
As vistas desde o Malecón á beira do encoro, resultan realmente plácidas e danlle ese exótico aspecto marítimo que comparte coa vila de A Rúa que franquea o outro extremo do lago.